P
o
l
í
t
i
c
a
d
e
p
r
i
v
a
c
i
d
a
d
e

Introdución

SA Profirst, con domicilio social en Chaussée de Lasne 42, 1330 Rixensart (Bélxica), inscrita no Crossroads Bank for Enterprises (CBE) co número 0433.237.731 (en diante, “nós” ou “nos”), dálle importancia á forma en que se tratan os seus datos persoais (en diante, os “Datos”).

Nesta Política de privacidade e protección de datos persoais (en diante, a “Política”) explícase como recollemos, tratamos e protexemos os Datos a través do noso sitio web www.peterlindbergh-coruna.com. Contén información sobre o tipo de Datos recollidos, os fins para os que son tratados e como pode vostede exercer os seus dereitos relativos aos seus Datos.

Póñase en contacto connosco escribindo ao enderezo de correo electrónico previsto para este efecto ”[email protected]” en relación con calquera tipo de solicitude, consulta ou comentario verbo dos seus Datos, ou se desexa exercer algún dos dereitos asociados a estes (vexa o apartado VI, “Os seus dereitos”).

I. O responsable do tratamento

SA Profirst (en diante, “nós” ou “nos”), con domicilio social en Chaussée de Lasne 42, 1330 Rixensart (Bélxica), inscrita no Crossroads Bank for Enterprises (CBE) co número 0433.237.731, é o responsable do tratamento dos seus Datos.

II. Principios básicos do tratamento dos seus Datos

Comprometémonos a protexer os seus Datos e a tratalos de forma responsable e transparente de acordo cos seguintes principios:

• Vostede non ten a obriga de nos facilitar os Datos solicitados no noso sitio web. Con todo, se decide non facilitar determinados Datos, é posible que non poidamos prestarlle certos servizos ou subministrarlle certos produtos.

• Recollemos e tratamos os seus Datos unicamente para os fins descritos nesta Política ou para fins específicos dos que o informamos e/ou para os que deu o seu consentimento.

• Adoptamos o principio de minimización, é dicir, recoller e tratar soamente os Datos necesarios para os fins previstos.

• Procuramos conservar os seus Datos o máis exactos e actualizados posible e ofrecémoslle a posibilidade de modificalos en calquera momento enviando un correo electrónico a [email protected].

• Se os Datos xa non son necesarios e non existe ningunha obriga legal de conservalos, faremos todo o posible por eliminalos, destruílos ou anonimizalos.

• Os seus Datos non se venderán nin alugarán e só se compartirán ou comunicarán con fins relacionados con esta Política, agás se a dita comunicación é esixida pola lei e/ou polas autoridades gobernamentais ou para efectos de procesos xudiciais.

III. Que Datos tratamos?

Poderíamos recoller directamente as seguintes categorías de Datos:

a) datos persoais: o seu nome, apelidos e enderezo de correo electrónico se se rexistra para recibir notificacións sobre a exposición da Coruña (inauguración da exposición, eventos, etc.) que terá lugar en España do 4 de decembro de 2021 ao 28 de febreiro de 2022 (en diante, a “Exposición”);

b) os intercambios connosco, que poden incluír detalles das conversas que tiveron lugar a través de intercambios de correo electrónico ou de mensaxes nas nosas redes sociais;

c) información persoal que vostede decida compartir connosco (idade, aniversario, sexo, preferencias de estilo de vida);

d) o historial de navegación, como as páxinas visitadas, a data da visita, a localización durante a visita ou o enderezo IP.

Así mesmo, poderíamos recoller indirectamente as categorías de Datos anteriores cando:

a) vostede comparte contido en redes sociais, sitios web ou aplicacións respecto dos nosos produtos ou servizos ou ao responder as nosas publicacións e anuncios promocionais nas redes sociais;

b) lemos ou recollemos Datos sobre vostede a través da información recollida por outros sitios web ou en redes sociais ou perfís públicos.

IV. Con que fins e sobre que base legal se tratan os seus Datos?

Recollemos e tratamos os seus Datos para ofrecerlle un servizo adaptado de maneira óptima ás súas necesidades, con fins de comunicación ou para informalo das nosas actividades. Poderíamos recoller, conservar, utilizar e comunicar os seus Datos cos seguintes fins:

a) xestionar o seu rexistro;

b) enviarlle todas as notificacións relacionadas co seu rexistro: inauguración da Exposición, eventos, etc.;

c) tratar e responder as súas consultas e poñernos en contacto con vostede para responder as súas consultas;

d) desenvolver e mellorar os nosos produtos, servizos, métodos de comunicación e a funcionalidade dos nosos sitios web e/ou das nosas aplicacións;

e) xestionar os nosos servizos cotiáns en relación co seu rexistro, participación nos nosos concursos, sorteos, actividades promocionais, actividades ou privilexios;

f) autenticar a súa identidade se se pon en contacto connosco por teléfono, por vía electrónica ou doutro xeito;

g) garantir a calidade dos nosos servizos;

h) comprender e avaliar mellor os seus intereses e desenvolver as nosas actividades.

Tamén poderíamos necesitar os seus Datos para cumprir con obrigas legais ou como parte dunha relación contractual que manteñamos con vostede.

Consonte a finalidade do tratamento, a base legal deste será a seguinte:

- o seu consentimento;

- o perfeccionamento dun contrato do que vostede é parte, ou a práctica de actos previos ao dito contrato;

- o cumprimento dunha obriga legal que nos fose imposta;

- o noso interese lexítimo.

V. Canto tempo conservamos os seus Datos?

Só conservaremos os seus Datos durante o tempo necesario para acadar o fin para o que foron recollidos: xestionar o seu rexistro nas notificacións relacionadas coa Exposición, responder á súa solicitude de información e levar seguimento desta solicitude; executar un contrato celebrado con vostede, etc.

Este prazo increméntase no tempo necesario para cumprir coas nosas obrigas legais de contabilidade e arquivo.

Este prazo pode aumentarse no caso de reclamación ou litixio co obxectivo de garantir a defensa dos nosos dereitos.

VI. Os seus dereitos

Vostede ten os seguintes dereitos en relación cos seus Datos, os cales pode exercer en calquera momento:

a) Dereito de acceso: pode obter información sobre o tratamento dos seus Datos pola nosa parte, así como unha copia destes.

b) Dereito de rectificación: se considera que os seus Datos son inexactos ou incompletos, pode solicitar que sexan modificados segundo corresponda.

c) Dereito de supresión: nos casos e nas condicións previstos no artigo 17 do Regulamento Xeral de Protección de Datos do 27 de abril de 2016 (RXPD), poderá solicitar a supresión dos seus Datos.

d) Dereito á limitación do tratamento: nos casos e nas condicións previstos no artigo 18 do RXPD, poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus Datos.

e) Dereito de oposición: pode opoñerse ao tratamento dos seus Datos por motivos relacionados coa súa situación particular cando baseemos o tratamento no noso interese lexítimo. Vostede ten todo o dereito a opoñerse ao tratamento dos seus Datos con fins de prospección e márketing directo.

f) Dereito a revogar o seu consentimento: se a base legal do tratamento dos seus Datos fose o seu consentimento, ten dereito a revogar este consentimento de balde en calquera momento.

g) Dereito á portabilidade dos seus datos: nos casos e nas condicións previstos no artigo 20 do RXPD, vostede ten dereito a recibir os datos que nos proporcionou nun formato estruturado de uso habitual e lexible por máquina e, cando sexa tecnicamente posible, a que se transmitan directamente a un terceiro.

h) Dereito a presentar unha reclamación perante unha autoridade de control: vostede ten dereito a presentar unha reclamación directamente perante unha autoridade de control en relación coa forma na que tratamos os seus Datos. En Bélxica, a autoridade de control é a Autoridade de Protección de Datos (https://www.autoriteprotectiondonnees.be/).

Pode exercer os seus dereitos escribindo ao enderezo de correo electrónico previsto para este efecto: [email protected].

VII. Como protexemos os seus Datos?

Somos conscientes da importancia da seguridade dos seus Datos e facemos todo o posible para protexelos axeitadamente de calquera uso indebido ou non autorizado, alteración, acceso non autorizado ou divulgación. Temos adoptado numerosas medidas de seguridade para protexer os seus datos, entre elas, o uso de controis de acceso, devasas e servidores seguros.

VIII. Acceso aos seus Datos e uso compartido destes

Os nosos subcontratistas terán acceso aos seus Datos unicamente na medida estritamente necesaria para os fins que autorizamos.

O noso provedor de servizos informáticos pode ter acceso aos Datos durante o mantemento do noso sitio web, para resolver unha incidencia ou para desenvolver o noso sitio web.

Sendinblue SAS, sociedade francesa inscrita no Rexistro Mercantil (RCS) co número 498 019 298 e con domicilio social en 7 rue de Madrid, 75008, poderá tratar os seus Datos co fin de almacenar e xestionar as comunicacións relacionadas coa Exposición para a que solicitou recibir notificacións mediante o seu rexistro. Sendinblue poderá recorrer a subcontratistas, os cales terán acceso aos seus Datos unicamente na medida estritamente necesaria para os fins que autorizamos.

Os seus Datos non serán compartidos con outras organizacións, agás cando a súa comunicación sexa requirida pola lei e/ou polas autoridades gobernamentais ou no contexto dun litixio.

IX. Transferencias internacionais dos seus Datos

Os seus datos almacénanse dentro do Espazo Económico Europeo. Poden ser tratados por Sendinblue (o noso subcontratista) ou un subcontratista de Sendinblue situado fóra do Espazo Económico Europeo (EEE). Se o dito tratamento ten lugar nun país que non se beneficia dunha decisión de adecuación da Comisión (é dicir, un país que non ofrece un nivel de protección dos datos persoais semellante ao do EEE), celebrarase un acordo co subcontratista sobre a base das cláusulas contractuais tipo establecidas pola Comisión para este tipo de transferencias de datos. Pode obter unha copia por correo electrónico escribindo a [email protected].

X. Cookies

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso sitio web, analizar o tráfico e ofrecerlles a mellor experiencia de usuario posible aos visitantes. Hai tres tipos de cookies:

1. Cookies de análise e estatísticas

2. Cookies técnicas

3. Cookies de redes sociais

Para obter máis información, consulte a nosa Política de cookies.

XI. Contacto connosco

Se ten algunha pregunta, observación ou queixa sobre esta Política ou sobre o tratamento dos seus Datos, póñase en contacto connosco escribindo ao enderezo de correo electrónico previsto para este efecto: [email protected].

S
u
s
c
r
í
b
a
s
e
p
a
r
a
c
o
ñ
e
c
e
r
q
u
é
s
e
r
á
o
s
e
g
u
i
n
t
e

Esta páxina web utiliza cookies para garantir que obteña a mellor experiencia na mesma.
Configuración das cookies Aceptar cookies